Xosé Enrique Acuña. Orixe da fotografía: Arquivo AELG.

Todas as autorías > Xosé Enrique Acuña

Xosé Enrique Acuña

Biografía

Xosé Enrique Acuña (1956) é xornalista, comisario de exposicións, editor e escritor natural de Pontevedra.

Escribiu narrativa e ensaio, así como tamén colaborou en obras colectivas e levou a cabo traballos de edición. Os seus ensaios contribuíron á recuperación da memoria gráfica e visual de Galiza e á posta en valor da nosa historia, de entre os que destacamos Da historia do cine en Pontevedra. 1897-1936 (1996) e Pontevedra vellas imaxes a través das tarxetas postais. Memoria, urbanismo, agravios (1997).

Ademais, foi coordinador de exposicións no Museo de Pontevedra e director literario de Edicións A Nosa Terra.

Obras destacadas

  • Da historia do cine en Pontevedra. 1897-1936 (1996, A Nosa Terra).
  • Pontevedra vellas imaxes a través das tarxetas postais. Memoria, urbanismo, agravios (1997, Deputación de Pontevedra).
  • O Café do Idioma (2013, Editorial Fricción).