"Acoitelado na espera", obra de Xosé Cribeiro.

Todas as autorías > Xosé Cribeiro

Xosé Cribeiro

Biografía

Xosé Alexandre Cribeiro (1936-1995) foi xornalista audiovisual e poeta, natural de Pontevedra. Sendo neno, a familia trasladouse ao Morrazo e posteriormente Xosé fixo o bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudou Dirección no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. Nos anos 60 residiu en Vigo e fundou o Cine Club Vigo.

Traballou na TVE e foi director do centro de TVE en Galicia, cargo do que dimitiu a consecuencia da polémica xerada arredor da retransmisión do enterro de Castelao en 1984. Tamén foi colaborador asiduo en prensa e activo militante do PCE.

A súa obra poética encádrase na denominada Xeración das Festas Minervais.

Obras destacadas

  • Acoitelado na espera (1960, Brais Pinto).
  • Doente na espranza (1962).
  • A señardade no puño (1996, Espiral Maior).
  • Indo pra máis perto (1979).