Xośe Ballesteros. Orixe da fotografía: Arquivo AELG. Autoría: Distrito Xermar.

Todas as autorías > Xosé Ballesteros

Xosé Ballesteros

Biografía

Xosé Ballesteros (1956) é editor, escritor e tradutor especialista en Literatura Infantil e Xuvenil. É un dos fundadores e director da editorial Kalandraka e foi presidente da Asociación Galega de Editores.

Estudou Filosofía na UNED e investigou sobre a historia e a estrutura dos contos clásicos europeos. Ademais de ser director de Kalandraka Editora, dirixe Faktoría K de Libros e imparte talleres de escrita creativa e sesións de narración oral para nenos, así como cursos e actividades de formación para docentes.

Obras destacadas

  • Talego (1993, Edicións Xerais), premio Manuel García Barros.
  • O coelliño branco (1998, Kalandraka Editorial).
  • Viaxe á morada dos deuses: desafío 8000 (1999, TLR Turismo y Aventura).
  • Imaxina Animais (2008, Kalandraka Editorial).