Xoán Manuel Pintos. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Xoán Manuel Pintos

Xoán Manuel Pintos

Biografía

Xoán Manuel Pintos Villar (1811-1876), naceu no Burgo, en Pontevedra, e está considerado un dos precursores do Rexurdimento. Até 1862 exerceu de avogado na Boa Vila.

Publicou en xornais, revistas e folletos, mais A Gaita Gallega (1853) é a súa única obra publicada en vida, considerada a primeira obra escrita en galego moderno.

En 1975 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Tamén foi homenaxeado na súa cidade natal, onde se lle dedicou unha rúa e o ano 2011 foi nomeado como Ano Xoán Manuel Pintos no concello de Pontevedra.

Obras destacadas

  • A Gaita Gallega (1853), inclúe unha foliada dedicada a Pontevedra (Foliada 4ª) e unha tradución ao galego do poema “Carmen patrio sive Pontevedra” do pontevedrés Hermenegildo Amoedo Carballo.

Obras en Pontevedra (d)escrita