Todas as autorías > Xesús Constela
Xesús Constela
Biografía
Xesús Constela Doce (1963) é mestre e escritor natural de Ferrol, residente actual en Poio e cunha fonda vinculación coa cidade de Pontevedra.
É licenciado en Filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca, onde ten orixe a súa primeira achega á creación literaria a través de revistas. No ano 2004 ve a luz a súa primeira novela, As humanas proporcións, co que gañará os premios Torrente Ballester e o Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios.
Tamén colabora co medio Pontevedra Viva desde 2021, onde publica artigos sobre viaxes. Ademais de participar en publicacións colectivas.
Obras destacadas
- As humanas proporcións (2004, Editorial Galaxia), premios Torrente Ballester e da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios.
- Libro das alquimias (2007, Editorial Galaxia).
- Shakespeare destilado (2008, Editorial Galaxia), premio García Barros.
- 15.724 (2012, Edicións Xerais).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
- Lisa deitada (2018, Edicións Embora).
- O peso do cerebro (2021, Edicións Xerais).
