Xanhe Redondo García como O Rabelo no seu proxecto musical. Orixe da fotografía: Cedida polo autor. Autoría: Raúl Lorenzo.

Todas as autorías > Xanhe Redondo García

Xanhe Redondo García

Biografía

Xanhe Redondo García (1992) naceu en Pontevedra, aínda que agora reside en Cerdedo. Defínese a si mesme como unha persoa non binaria antifascista, transfeminista, anarquista a favor da tenrura, os coidados e a violencia reactiva.

Autopublicou varios fanzines, libros e discos. Colaborou tamén na primeira antoloxía de relatos LGBTIQA+ en galego, Alguén nos lembrará. Na súa faceta como músico, utiliza o nome de “o Rabelo”. Os seus proxectos aparecen atravesados polas cuestións da tradición, a mitoloxía e a disidencia, e a miúdo performa en directo mesturando o travestismo animal, o tradi, o reguetón e o tekno.

Obras destacadas

  • Tenruras e raivas (2021, autopublicado), preme aquí para lelo.
  • Betadine (2023, autopublicado), preme aquí para lelo.
  • Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (2023, Editorial Xerais), colaborou co relato Campamento.