Todas as autorías > Víctor Freixanes
Víctor Freixanes
Biografía
Víctor Freixanes (1951), nado en Pontevedra, é xornalista, editor e escritor.
Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e, desde entón, iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, foi profesor e conferenciante invitado en varias universidades estranxeiras.
É membro do Consello da Cultura Galega, codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura), xunto con Henrique Monteagudo e foi director de edicións Xerais, director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial, e foi director da editorial Galaxia. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.
Obras destacadas
- A caza de cascudas (1979, Ediciós do Castro), premio Modesto R. Figueiredo.
- O triángulo inscrito na circunferencia (1982, Editorial Galaxia), premio Blanco Amor.
- O enxoval da noiva (1988, Editorial Galaxia).
- A cidade dos césares (1993, Edicións Xerais).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
- Asalto ao tren da Portela (2023, Editorial Elvira).


