Todas as obras > Vémonos mañá
Vémonos mañá
Sinopse
A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando.
Cita
“- Case nunca me quixeches falar deses tempos.
– E para que? Xa sabes que non me gusta mirar atrás e buscar xustificacións para todo o que fixen ou deixei de facer.
-Hai moitas persoas ás que lles gustaría coñecer as túas razóns. Ou polo menos, a túa versión. Algunha das miñas compañeiras profesoras díxomo algunha vez.
– Que che dixo? Quen?
– Maica, por exemplo. Pensa que todo o que fixeches ten importancia, aínda que os teus actos carezan da publicidade que teñen os del. E que deberías dar a coñecer as túas accións e os teus motivos. Maica di que na túa vida hai unha épica.
– Iso di?
– Si.
Josefina sorriu levemente.”