Todas as obras > Todo canto fomos
Todo canto fomos
Sinopse
Unha mestra que loita contra a desigualdade, un escritor que descobre unha verdade sorprendente entre o legado da súa nai, unha moza que persiste nun noivado secreto e un emigrante galego que non esquece a súa orixe son algúns dos personaxes desta novela, que percorre máis de un século de historia galega onde a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes.
Cita
“Nunha ocasión, Miguel fixo algún comentario sobre os faladoiros que había anos se celebraban no café Moderno, e mencionou o nome dalgúns dos asistentes, Alfonso, Carlos, Andrés ou Xandro. Maribel non os coñecía de nada, aqueles nomes carecían de significado para ela, mais entón captou de esguello un rápido aceno que o avó lle dirixía ao seu amigo, e de repente sentiuse contrariada por un xesto que denotaba unha mínima fenda na confianza que o avó sempre tivera con ela”.