Todas as obras > Spanish Galicia

Spanish Galicia

Aubrey F. G. Bell
Ano de publicación: 1922

Sinopse

Nesta crónica viaxeira pola Galicia da década de 1920, Bell pretende “dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros”.

“A arquitectura, a escultura, a lingua, a literatura, a botánica, a arqueoloxía e a etnoloxía desta fermosa rexión chaman fortemente polo especialista que, en cada unha das devanditas materias, ha achar aquí un rico material de estudo, mentres que o deportista poderá pasar moitos días felices entre os regatos e as montañas.”

Cita

“Pontevedra descansa abeirada ás montañas de contornos delicadamente debuxados no ceo ou orcelados por piñeiros. O Lérez, ámbar transparente debaixo da ponte de Pontevedra, flúe aquí escurecido polos arboredos.”