Todas as obras > Sonata de Acuario (Historias para coñecermos Pontevedra: A Ferrería)

Sonata de Acuario (Historias para coñecermos Pontevedra: A Ferrería)

Xabier Fortes
Editado por: Editorial Elvira
Ano de publicación: 2023

Sinopse

Andrés é un xornalista novo, algo calado e fuxidío, aínda que teimudo. A chegada dunha estudante en prácticas empurra o mozo a artellar estratexias narrativas na sección que cobre no periódico onde traballa para chamar a atención da rapaza.

Cita

“Andrés nunca vira unha rapaza que o mirase ós ollos… ata que Ana entrou pola porta do Diario de Pontevera. Viña de bolseira coa metade da carreira aínda por cursar, a mediados de xuño, e co verán por diante. Andrés tampouco rematara a carreira, pero xa traballaba dende había dous anos cun deses contratos que se facían nos xornais para renovar a idade da redacción. Como en todo diario de provincias, facían un pouco de todo. No seu caso, Sociedade, Sucesos, o peche da edición de papel algún día véspera de festivo, e a sección do Horóscopo. Quizais fose iso último o que máis lle gustaba, ou cando menos, do que máis gozaba. Os seus xefes decatáronse de que tiña certas habilidades para inventar, cousa moi apreciada no oficio.
– Andrés, sangue nova para a redacción, que falta nos fai – dixo o director exercendo de anfitrión no momento da presentación. A ver se facedes deles xente de proveito e non coma vós – rematou cunha gargallada.”