Todas as obras > Soberano
Soberano
Sinopse
O accidente dun camión que transporta botellas de coñac Soberano é punto de partida desta obra ambientada na Pontevedra dos anos 60, 70 e 80, que supón a crónica dunha xeración xuvenil atrapada nun cambio histórico para o que non estaba preparada.
Cita
“Ray está sangrando moito. Non dá volto en si. Todo o mundo cala, nun silencio sepulcral. O único coche de punto que hai en Caldas está facendo unha viaxe. Hai que levalo axiña para o Hospital de Pontevedra. Decídese que no microbús de Raúl. Lévano entre seis até o vehículo. O Ray está de bo dente, aínda pesa o seu, pacendo tanta carne non é nada de estrañar. Diante do grupo van o pai e mais Raúl, dirixindo a operación de traslado desde o ring até a improvisada ambulancia.”