Todas as autorías > Rafael Pintos Méndez

Rafael Pintos Méndez

Biografía

Rafael Pintos Méndez (1964), coñecido como Wladimir Dragossán, é escritor e artista natural de Pontevedra, moi coñecido na cidade por ser un expoñente galego do goticismo.

Traballou na televisión e na radio, colaborou con diversos xornais, escribiu numerosos libros de diferentes disciplinas e é un talentoso pintor surrealista. Tamén foi actor e percorreu os estudios de gravación de medio mundo como actor performance, chegando a acadar moita sona na década de 1990 ao protagonizar canda a John Balan unha sección no programa Adiviña quen vén esta noite da TVG.

Obras destacadas

  • Crónicas del termitero (2000, Tórculo Edicións).
  • Carrusel de las eras (2003, El Taller del Poeta).
  • El cuervo de Nevermore (2004, El Taller del Poeta).
  • Os ollos de acibeche (2005, Ediciós do Castro).
  • La voz de su amo 2007, Follas Novas).
  • O cabaleiro da rosa (2008, Bubela Edicións).
  • John Balan. Un yanqui en la corte de Breogán (2012, Teófilo Edicións).
  • Invernáculo (2014, El Taller del Poeta).
  • Úzar en el abanico extremo de las prisas y otras narraciones extrañas (2017, Seleer).