Todas as obras > Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos
Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos
Sinopse
Esta obra é un percorrido polo imaxinario fantástico da ribeira do río Gafos, dende o cantaruxar da fonte onde nace ata o barrio da Moureira, onde se atopa co Lérez, visitando personaxes e lugares. Forma parte dunha tetraloxía de temática fluvial que rende homenaxe á asociación ecoloxista Vaipolorío. O libro reivindica seres míticos da contorna pontevedresa e habitantes da paisaxe ribeirá que resisten, seres ás veces recollidos, ás veces creados e ás veces recreados polo autor.
Cita
Tanto a auga dá na pedra que a fai amolecer. O río dos Gafos leva millóns de anos carrexando a serra da Fracha, gran a gran, até o mar de Pontevedra. Santa Comba avoga pola rega. A montaña gástase e a ría empeta. Consonte a trazabilidade do calcio, o aluvión faise cuncha e os moluscos encorgan en cada valva un areal primitivo.
O río da Fracha avanza en sentido contrario aos máis ríos, dándolle argumentos a quen pensa –por estas e por outras– que as troitas do Gafos navegan dúas veces ao contraxeito. Así parece explicalo a cantarela:
Mentres avante o río,
non serei pedra dormente
nin tallamar abatido.
Troita a contracorrente,
mentres avante o río.