Todas as obras > Os escuros soños de Clío

Os escuros soños de Clío

Carlos Casares
Editado por: Edicións do Cerne
Ano de publicación: 1979

Sinopse

Trátase dun libro composto por doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas do pasado, onde se mestura superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor, cunha clara intención paródica, facendo chiscadelas cómplices a Clío, a musa da Historia. Un dos relatos está ambientado en Pontevedra e conta os intentos dun frade portugués por descubrir a falsidade dun xudeu do que se dicía que era inmortal.

Cita

“Foi entón Arrais de Coímbra a Pontevedra para comprobar a falacia de canto escoitara, pondo especial coidado no segredo e na intención da súa viaxe a fin de evitar que o tal Xacobe se puidese decatar dalgún xeito, pois xulgaba moi importante para o éxito do seu propósito que o encontro tivese lugar sen previo aviso e por sorpresa.”