Todas as obras > Os días felices de Benvido Seixas

Os días felices de Benvido Seixas

Eduard Velasco
Editado por: Edicións Xerais
Ano de publicación: 2019

Sinopse

Bienvenido queda sen tabaco, entra nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase e acaba pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Viaxarán por Galicia explorando os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores.

Cita

“Benvido volveu a Pontevedra despois de despedirse de Mariano. Aparcou e cruzou a Ferraría como se as anchas solapas dunha gabardina lle cubrisen a faciana, ata meterse no edificio onde vivira os primeiros vinte anos cos seus pais. Dáballe un pouco de pena ese piso. Foi percorrendo todos os cuartos, o salón co reloxo de parede na hora na que a corda acabou a última vez que seu pai lla deu, o comedor das festas de gardar, a galería. Subiu as persianas -que daquela aínda non eran automáticas- e despechou as ventás para que se ventilase un pouco. Saíu ao balcón e viuse de cativo xogando na praza, sen pensar que a vida podía ser outra cousa, mentres os pais tomaban un café nalgunha das terrazas e ollaban para el satisfeitos daquel froito inesperado.”