Todas as obras > O violín de Sarasate: un caso de Sherlock Holmes

O violín de Sarasate: un caso de Sherlock Holmes

Alberto Fortes
Editado por: Edicións do Cumio
Ano de publicación: 2002

Sinopse

En setembro de 1886 chegan a Pontevedra Sherlock Holmes e seu acompañante o doutor John H. Watson, convidados pola Sociedade Recreo de Artesáns para impartir unha conferencia dentro dun ciclo sobre o crime. Holmes acepta este convite, xa que así poderá asistir a un concerto do violinista Pablo Sarasate. O día da súa chegada, desaparece o violín Stradivarius de 1724 e Holmes atópase ante un novo caso na vila do Lérez.

Cita

“A nosa viaxe na berlina rematou na confluencia da rúa da Oliva co Campo da Feira, onde se atopaba o Hotel Madrid. Desde un principio, Holmes amosou o desagrado que lle causaba tanto o edificio coma o lugar no que estaba situado, así que antes de instalarnos nel decidimos visitar unhas pezas que se alugaban no outro extremo da rúa, no edificio que ocupaba o Café Méndez Núñez. Nada máis chegar, comprobamos con satisfacción que o patrón falaba non só un correcto inglés, senón un inglés de marcado acento londinense, por ter traballado durante varios anos no Grosvenor Hotel de Londres onde se exiliara trala caída da República Española.”