Todas as obras > O mundo máxico de Lía
O mundo máxico de Lía
Sinopse
Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai. Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra.
Cita
“A nosa vida é un inferno: esa é a realidade, por moito que ela se negue, día tras día, a aceptar o que as dúas xa sabemos.
Papá chegou á casa bébedo, outra vez. Hai tempo que quedou sen traballo e, no canto de buscar outro, non fai máis que queixarse por todo e desbaldir nos bares os poucos cartos que consegue gañar mamá, non sen poucos esforzos.
Eu sei que a min non me quere moito, porque el prefería ter un fillo, non unha filla, e moito menos unha nena con problemas de autoestima que é incapaz de falar cando está el diante.”