Todas as obras > O galo

O galo

Luís Amado Carballo
Editado por: Editorial Nós
Ano de publicación: 1928

Sinopse

Colección de poemas inspirados na beleza da paisaxe da Terra de Montes, onde a natureza será a protagonista e o seus intérpretes quedan humanizados pola conciencia e os sentimentos.

Cita

“Pontevedra

Pontevedra é boa vila
dá de beber á quen pasa
a fonte na Ferrería
San Bartolomeu na praza.

No dondo colo do vento
quedous’a choiva durmida.
Lonxe as casas da cibdade
baixan á beber na ría.
Dos beizos escoa a copra
Pontevedra é boa vila.

Cand’o sol cae nas pedras
pescudando un grolo d’agoa
a sombrilla abren os árbores
par’o paxaro ximnasta.
Fervendo luz de lua fresca
dá de beber á quen pasa.

Choutando pol-os clocheles,
entrou o Corpus na vila.
Chora esquencida na rua
a gaita recen nacida.
O ceo vai com’un foguete
a fonte na Ferrería.

Trema no berce da tarde
a vella voz das guitarras
Ô pé da rexa amorosa
veu morrer o toque d’Animas
que bota a pastar nas nubens
San Bartolomeu na praza.”