Todas as obras > Morning Star

Morning Star

Xosé Miranda
Editado por: Edicións Xerais
Ano de publicación: 1998

Sinopse

Esta novela é unha homenaxe á Illa do tesouro, de R. L. Stevenson, pero ambientada no espazo xeográfico e histórico de Galiza no século XIX, protagonizada pola busca dun tesouro, gavelas de bandoleiros e de dous rapaces que procuran a liberdade.

Cita

“Chamábase Ánxela, mais como se trataba dunha señora moi maior, todos lle chamabamos Mai Ánxela. Tiña a súa casa nunha canella minúscula e de triste aspecto, o Canellón do Carboeiro, que outros chamaban Rúa Cega, sen saída, de edificios case en ruínas e na que abundaban os gatos. As lastras estaban todas levantadas e un rego de inmundicia salfería as beirarrúas cando pasabamos no carro”.