Todas as autorías > Miguel Anxo Fernández
Miguel Anxo Fernández
Biografía
Miguel Anxo Fernández (1955) é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico nado no Carballiño.
Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama de Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia. Ademais é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo cun diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra (UVigo).
A súa traxectoria está fondamente ligada á historia do cine galego e é director do Ourense Film Festival. Colaborou con diferentes medios de comunicación sobre temas da súa especialidade, así como tamén ten exercido a crítica e ten traballado como asesor cinematográfico.
Obras destacadas
- Un nicho para Marilyn (2002, Editorial Galaxia), premio Manuel García Barros.
- Bícame, Frank (2013, Editorial Galaxia).
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
- Blues para Moraima (2016, Editorial Galaxia), premio Blanco Amor.
