Todas as autorías > Mercedes Corbillón
Mercedes Corbillón
Biografía
Mercedes Corbillón (1969), natural de Pontevedra é unha das fundadoras da librería Cronopios, con sedes en Pontevedra e Santiago, cidade na que se formou na USC e comezou a traballar no negocio inmobiliario.
Desde o 2009, dedícase ao mundo da literatura. É libreira, escritora e colabora semanalmente en La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e El Progreso, ademais de publicar na revista Tempos Novos. Tamén é colaboradora do programa de Onda Cero Un alto en el camino, conducido por Susana Pedreira, no que fala de libros e viaxes.
Ademais participa frecuentemente en eventos literarios e foi xurado de numerosos premios de novela como o Xerais, o Torrente Ballester ou o Alfaguara, entre outros. Foi a editora de Bajo la lluvia no pesan las historias de Carmen Quinteiro.
Obras destacadas
- Verano en A Toxa (2022, El Patito Editorial).
- A beleza debe morrer (2023, Editorial Galaxia).
