Todas as autorías > Mario Elías Blanco Boullosa
Mario Elías Blanco Boullosa
Biografía
Mario Elías Blanco Boullosa (2003) é natural de Pontevedra e actualmente estuda o dobre grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na USC. Ten especial interese no ámbito cultural e realizou as súas prácticas en La Voz de Pontevedra. Tamén ten colaborado en medios como Dot Galicia, e xestiona unha newsletter en Substack con temática libre.
No ano 2020 gañou o segundo premio na modalidade de poesía do certame Ben Veñas Maio e no 2021 acadou o primeiro premio no mesmo certame. Tamén publicou na antoloxía de relatos LGBTIQA+ Alguén nos lembrará (2023) e na actualidade coordina o Club de Lectura FaCom.
Obras destacadas
- O relato Días de xullo na antoloxía de relatos LGBTIQA+ Alguén nos lembrará (2023, Edicións Xerais).