Marcus Daniel Cabada. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Marcus Daniel Cabada

Marcus Daniel Cabada

Biografía

Marcus Daniel Cabada (1995) é un escritor, poeta e editor natural de Pontevedra. Estudou no IES Xunqueira I de Pontevedra, onde formou parte do grupo de teatro A Esmorga. Despois comezou o grao en Lengua y literatura españolas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Desde moi novo comezou a publicar artigos e fábulas no Diario de Pontevedra, no Faro de Vigo e MUNDIARIO. Xunto con Tamara Andrés creou e dirixiu a revista Ligeia e recibiu diversos recoñecementos ao redor da literatura como o Premio Nacional Jóvenes Promesas de las Letras ou o Premio Internacional de Novela Experimental Charlotte Sabine.

Ademais, foi creador e comisario do proxecto Ut pictura poiesis, conxunción entre poesía e arte como experiencia estética no marco da Biblioteca Pública de Pontevedra.

Obras destacadas

  • Metafísica da ausencia (2019, Urutau).