Todas as autorías > Manuel Cuña Novás
Manuel Cuña Novás
Biografía
Manuel Cuña Novás (1924-1992) foi un poeta pontevedrés pertencente á Promoción de enlace.
Fillo de Manuel Cuña e Sara Novás, mestres, pasou a infancia en Pontevedra e no período republicano, a familia trasládase a Cidade Real. Ao rematar a guerra civil, o seu pai marcha ao exilio e a nai e os irmáns volven a Galiza.
Manuel comezou a escribir poesía sendo adolescente, e colaborou en diversas publicacións como Sonata Gallega, Finisterre, Cartel e El Pueblo Gallego. Ademais, mantivo unha intensa intensa produccón poética e actividade cultural en Vigo, onde residía coa familia da súa muller e en Pontevedra, onde entrou en contacto con Sabino Torres, con quen tivo grande amizade.
Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español, foi senador pola provincia de Pontevedra desde 1982 até a súa morte en 1992.
Obras destacadas
- Frauta na noite (1947), premio do Centro Gallego de Buenos Aires.
- Fabulario novo (1952, Colección Benito Soto).
- Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte (1976, edición do autor).