Todas as autorías > Manel Loureiro
Manel Loureiro
Biografía
Manel Loureiro (1975) é un escritor, xornalista e avogado pontevedrés. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente vive e traballa en Pontevedra, onde exerce a avogacía. Durante anos residiu en Santiago de Compostela, traballando como guionista e presentador de diversos programas de televisión. É colaborador habitual en programas de televisión e diversos xornais, como o Diario de Pontevedra.
A súa primeira novela, Apocalipsis Z. O comezo da fin é o inicio dunha triloxía de terror de grande éxito e traducida a máis de dez idiomas. O comezo e final ambiéntase nas aforas de Pontevedra, situando tamén parte da súa acción no río Lérez e no porto deportivo.
Obras destacadas
- Apocalipse Z. O comezo da fin (2013, Urco Editora).
- Apocalipse Z. Os días escuros (2013, Urco Editora).
- Apocalipse Z. A ira dos xustos (2015, Urco Editora).
- El último pasajero (2013, Editorial Planeta).
- La ladrona de huesos (2022, Editorial Planeta).
- Cuando la tormenta pase (2024, Editorial Planeta), premio de Novela Fernando Lara.
