Luís Amado Carballo. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Luís Amado Carballo

Luís Amado Carballo

Biografía

Luís Amado Carballo (1901-1927) foi, xunto a Manuel Antonio, o poeta máis destacado do seu tempo, cuxa poesía, enmarcada na vangarda hilozoísta, se caracteriza por personificar os elementos da paisaxe.

Comezou os estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela mais non chegou a rematalos e regresou á cidade de Pontevedra para estudar Maxisterio. En 1920 trasládase a Madrid para dedicarse ao xornalismo, onde colaborou no xornal La Tribuna, na revista España, e entrou en contacto co mundo literario e bohemio.

En 1922 regresa a Pontevedra e funda a revista Alborada, xunto con Xoán Vidal Martínez. Ao mesmo tempo, continúa colaborando con outras publicacións e exercendo de mestre. Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose.
É coñecido polos seus poemas mais iniciou a súa andaina literaria como narrador e tamén publicou relatos curtos e contos.

No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Obras destacadas

  • Maliaxe (Alborada, 1922).
  • Os probes de Deus (Editorial Lar, 1925).
  • Proel (Alborada, 1927).
  • O Galo (Editorial Nós, 1928).

Obras en Pontevedra (d)escrita