Todas as autorías > Lorena Conde
Lorena Conde
Biografía
Lorena Conde (1980), natural de Ponte Sampaio, é actriz, dramaturga e poeta.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica e ten o posgrao en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.
A súa relación co teatro comezou na universidade e leva traballado como actriz, dramaturga e directora en diferentes compañías teatrais propias e alleas, gañando varios premios María Casares. Así mesmo, durante varios anos levou adiante obradoiros escénicos de diversos centros educativos.
No 2017 publicou o seu primeiro poemario co que gañou o premio de poesía Miguel González Garcés e ten publicado poesía, teatro e literatura xuvenil. Actualmente desenvolve un labor de experimentación ao redor das artes plásticas no seu propio taller.
Obras destacadas
- Entullo (2017, Deputación da Coruña), premio de poesía Miguel González Garcés.
- As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor (2021, Aira Editorial), premio de poesía Cidade de Ourense.
- As mil vidas de Dorotea (2020, Cuarto de Inverno), con ilustracións de María Brenn.
- Velloucas & minchas (2020, Cuarto de Inverno), premio de literatura xuvenil María Victoria Moreno.
- Ave do paraíso (2021, Apiario), premio de poesía Filomena Dato.