Todas as autorías > Herminia Fariña
Herminia Fariña
Biografía
Herminia Fariña Cobián (1904-1967) naceu en Santiago de Compostela, aínda que tamén residiu un tempo en Pontevedra, cidade que aparecerá na súa obra.
A súa produción literaria abrangue poesía, teatro e artigos xornalísticos, e algunhas das súas obras saíron da imprenta pontevedresa de Celestino Peón como a súa primeira obra de poemas en castelán, Cadencias (1922), cuxa capa é obra de Castelao. En 1924 publica o seu segundo libro Seara, escrito integramente en galego e impreso tamén na Imprenta Peón, con ilustracións de Luís Pinto Fonseca.
Alén disto, tamén representou parte da súa obra dramática no Teatro principal de Pontevedra como Margarida e Malfalada en 1927 e foi nomeada como correspondente da Real Academia Galega en 1925.
En 1937 expresou, coa súa literatura, o seu apoio ao réxime franquista e publicou ¡Por España y para España! (El libro del combatiente), con 14 poemas de exaltación relixiosa e franquista.
Obras destacadas
- Cadencias (1922).
- Seara (1924), con ilustracións de Luís Pinto Fonseca.
- Margarida e Malfalada (1927).
- ¡Por España y para España! (El libro del combatiente) (1937).