Todas as obras > Galicia, The Switzerland Of Spain
Galicia, The Switzerland Of Spain
Sinopse
O 12 de xaneiro de 1907, Annette Meakin chega ao porto da Coruña dende Southampton, coa idea de escribir sobre o menos coñecido dos reinos de España. Os seus textos e imaxes ofrecen un percorrido histórico, xeográfico e etnográfico, e publicáronse ao ano seguinte nun libro que hoxe en día serve de retrato do país.
Cita
“As ruínas de Santo Domingo érguense no medio dunha vila moderna; dá á rúa por dous dos seus lados e nun terceiro está a construírse unha enorme escola de gramática para rapaces. O terreo no cal se erixen as ruínas está pechado cunha reixa e recibiu o mellor dos usos, xa que agora serve como Museo Arqueolóxico ao Aire Libre”.
Traducido por Alberto Álvarez Lugrís en Galicia, a Suíza de España (2023, Rinoceronte Editora).