Todas as autorías > Fernando Iglesias “Kohel”
Fernando Iglesias “Kohel”
Biografía
Fernando Iglesias (1967) coñecido artisticamente como Kohel é un autor de banda deseñada natural de Vilagarcía. Actualmente, e desde 2012, exerce como docente de narrativa, cor tradicional e debuxo de banda deseñada na Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración, O Garaxe Hermético.
Comezou a debuxar profesionalmente arredor do ano 1987 no suplemento universitario do Correo Galego. Traballou en publicidade e ilustrou libros pero, sobre todo, é debuxante de bandas deseñadas, que publica en fanzines, diarios e revistas. Publicou no dominical do Diario de Pontevedra as obras Impresiones de la isla e O cinema de papel e tamén publicou durante dez anos unha viñeta diaria de carácter político coa firma de Orballo. Actualmente, colabora de forma activa na revista satírica Retranca e a infantil Fiz.
Obras destacadas
- Gorka (1998, Planeta de Agostini Cómics).
- Impresiones de la Isla (1994, Camaleón Ediciones).
- Dedulus en Compostela (2014, Fundación Vicente Risco).