fatimapeon.jpg Fátima Peón Torres. Orixe da fotografía: Extraído de Camposanto.

Todas as autorías > Fátima Peón Torres

Fátima Peón Torres

Biografía

Fátima Peón Torres (1985), é unha escritora, compositora e directora de teatro nada na parroquia de Lérez.

É licenciada en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia pola Real Escola de Arte Dramática de Madrid e Máster en administración de negocios pola Universidade Antonio de Nebrija.

Desde ben nova comezou a interesarse pola cultura e as letras. Como escritora, publicou teatro, poesía e narrativa, acadando numerosos recoñecementos. Ademais, colaborou en prensa e radio, dirixiu a compañía de teatro Yo/lapeordetodas e tamén dirixiu varias curtametraxes. Desde 2018 lidera a banda de música electrónica Chlorine Dreams.

Obras destacadas

  • Sempre nos quedará París (2002).
  • Trinta de Novembro (2002).
  • Camposanto (2003, Fundación Caixa Galicia), premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís.
  • Miserere (2008), premio de Relatos Mulleres Progresistas.
  • Glosario de Resistencia (2012).
  • O Desexo de Ser Fouciño (2024).

Obras en Pontevedra (d)escrita