Enrique Labarta Pose. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose

Biografía

Enrique Labarta Pose, nado en Zas (1863-1925), foi un escritor e xornalista, que fundou e dirixiu numerosos xornais e revistas.

Formouse en dereito civil e canónico na Universidade compostelá, onde participou nos faladoiros da Academia de la Juventud Católica. Ao rematar a carreira, ingresou na administración pública como empregado de Facenda, residindo en Pontevedra até 1904.

Fundou diferentes xornais como os pontevedreses Extracto de Literatura e Pasatiempos. Tamén dirixiu Galicia Moderna e colaborou en numerosas publicacións.

A súa produción en narrativa destaca polo humor e como poeta encádrase na liña costumista de finais do século XIX, aínda que incorporou elementos modernistas.

Obras destacadas

  • Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos (1884).
  • Millo miúdo. Versos galegos (1896, Imprenta de la Viuda e Hijos de Carragal).
  • Adormideras. Poesías festivas (1902, Tipografía de A. Landín).
  • Cuentos humorísticos (1905, Estudio Tipográfico de Ricardo Fé).