Emilio Álvarez Giménez. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Emilio Álvarez Giménez

Emilio Álvarez Giménez

Biografía

Emilio Álvarez Giménez (1830-1911) foi un mestre, xornalista e dramaturgo natural de Pobra de Seabra (Zamora). En 1857 foi destinado en Pontevedra para levar a Cátedra de Estudos Clásicos e Casteláns do instituto local e asentouse definitivamente na cidade até a súa morte. En 1868 integrouse no Comité Revolucionario e tomou contacto co Rexionalismo.

No instituto, onde exerceu o seu labor docente, creou un cadro teatral e escribiu a primeira peza teatral de temática histórica escrita en lingua galega, cuxo título é Mari-Castaña. Unha Revolta Popular (1884). En canto ao seu traballo xornalístico, colaborou con Galicia Humorística, El Iris, El Eco de Pontevedra, La Reforma, El Voto Popular, Los Maestros de España, Crónica de Pontevedra, La Revista Popular, e dirixiu El Fénix, El Alerta, El Dictamen, La Paz e El Eco de Tambo.

Obras destacadas

  • El manojo de espigas (1878), premiado no Certame Literario de Lugo.
  • A casamenteira (1984, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Mari-Castaña (1984, Cadernos da Escola Dramática Galega).