Todas as autorías > Elisabeth Oliveira
Elisabeth Oliveira
Biografía
Elisabeth Oliveira é unha poeta afincada en Pontevedra, nada na rexión de Lille (Francia) nunha familia portuguesa.
É licenciada en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. No ano 1995 chegou a Galiza e, namorda deste territorio, acabou por asentarse en Pontevedra, onde actualmente exerce como mestra de francés e tradutora.
Publicou o seu primeiro poemario, Poesis, en francés, portugués, galego e castelán, en 2016, con cancións creadas a partir dos poemas, tamén nesas catro linguas. En 2019 publicou Náufragas no mar e na terra e en 2025, As ninguén. Tamén participou en publicación colectivas.
Obras destacadas
- Poesis (2016, Emerxente Editorial).
- Náufragas no mar e na terra (2019, Urutau).
- As ninguén (2025, Belagua).