Eduardo Santiago. Orixe da fotografía: Cedida polo autor.

Todas as autorías > Eduardo Santiago

Eduardo Santiago

Biografía

Eduardo Santiago Soto (1964) naceu no Casal, en Salcedo. É Diplomado de Ensino Xeral Básico pola Escola de Maxisterio de Pontevedra. Traballa na administración periférica do Estado español desde 1990.

Como escritor, interésase pola ficción científica. A súa traxectoria céntrase, sobre todo, na literatura infantil e xuvenil, con obra tanto en galego como en castelán. Obtivo en 1982 o segundo premio nun concurso convocado pola ONU para a Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos. Tamén foi merecedor, no 2014, do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

Obras destacadas

  • 2044 (2011, Editorial Galaxia).
  • A teoría do tempo imaxinario (2013, Urco editora).
  • O Gran Reino (2014, Edicións Xerais), premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
  • O mundo máxico de Lía (2020, Edicións Xerais), con ilustracións de Marcos Calo.
  • A miña amiga invisible (2023, Edicións Xerais), con ilustracións de María Brenn.
  • A nena do pixama estrelado (2025, Edicións Xerais), con ilustracións de Eli García.

Obras en Pontevedra (d)escrita