Todas as autorías > Diego Bará Louro
Diego Bará Louro
Biografía
Diego Bará Louro (1997) é un poeta nado en Pontevedra. Cursou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón, fixo un Ciclo Superior de Igualdade en Xénero e cursou estudos na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Campus Pontevedra da Universidade de Vigo.
Recibiu o segundo premio no Certame Ben Veñas Maio do Concello de Pontevedra no ano 2019 e un ano despois, no 2020, publicou o seu primeiro poemario, A miña utopía. Participou en recitais e publicacións colectivas, sendo considerado un dos autores da poesía galega novísima. Ademais, comparte os seus poemas baixo o nome de @poeta_con_botas e dirixe un espazo de difusión cultural en galego nas redes sociais.
Obras destacadas
- A miña utopía (2020, Urutau).
- Poesía galega novísima (2020, Urutau).
- María Miramontes e Ánxel Casal (2025, Edicións do Cumio), con ilustracións de Bea Gregores.