Todas as obras > Coloquio de 24 gallegos rústicos

Coloquio de 24 gallegos rústicos

Martín Sarmiento
Ano de publicación: 1746

Sinopse

O Coloquio que comentamos ten lugar no Chan de Parafita, porta do Morrazo situada á beira de Pontevedra. Naquel alto xuntáranse para xantar, o terceiro sábado de setembro de 1746, día de feira en Pontevedra, vinte catro galegos, os rústicos, entre segadores, labregas, criadas e criados que servían en Madrid, e un poeta, O Tío Marcos da Portela, encargado do proemio. Para entreter o xantar, dous rapaces e dúas rapazas que traballaban servindo en Madrid fan relación, en ton satírico, da recente morte e funeral do rei Felipe V, que acababa de finar o 9 de xullo do mesmo ano, e da coroación do seu sucesor, Fernando VI.

Cita

“A sombra do dragón chegaba a todas partes, aínda que Hadrián era o único que podía sentir a súa presenza. O poder de Dragal manifestaríase moi pronto, mais para aqueles que o ignoraban era un día máis, coma outro calquera.”