Clementina Vidal Caramés. Orixe da fotografía: Extraído de Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Autoría: Noel Queipo.

Todas as autorías > Clementina Vidal Caramés

Clementina Vidal Caramés

Biografía

Clementina Vidal Caramés é ilustradora e escritora, natural de Pontevedra. Actualmente reside en Redondela. É filla do escritor Xoán Vidal Martínez e María Josefa Aurora Caramés Monteagudo, sobriña da tamén escritora Aurora Vidal Martínez e irmá da poeta Aurora Vidal Caramés.

Polo seu ambiente familiar, sempre estivo rodeada de letras e combina a súa faceta literaria coa arte pictórica. Escribe poesía e narrativa, ilustra libros e fai exposicións.

Obras destacadas

  • Homes, mulleres e nenos (1989, Alborada).
  • Alquimia (2004, Espiral Maior).
  • Deambulario (2008, El Taller del Poeta).
  • Citania (2011, El Taller del Poeta) con Aurora Vidal Caramés.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).

Obras en Pontevedra (d)escrita