Celso Emilio Ferreiro. Orixe da fotografía: Galiciana.

Todas as autorías > Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro

Biografía

Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) foi un poeta, natural de Celanova, considerado o máximo expoñente da Xeración do 36. En 1989 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Desde moi novo estivo vinculado á política, participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas, estivo na fundación da Unión do Povo Galego e foi candidato ao Senado polo Partido Socialista Galego.

Durante a guerra civil conseguiu destino como radiotelegrafista, manténdose afastado da liña de combate. No 1941 foi destinado a Pontevedra como secretario da Fiscalía Provincial de Taxas, onde viviu durante nove anos. Alí participou intensamente da vida social e cultural da cidade, ademais foi redactor xefe da revista Finisterre, publicou poemas en Ciudad e colaborou na colección de poesía Benito Soto. O resto da súa vida seguirá colaborando asiduamente en diversas publicacións como Faro de Vigo, Litoral, Vieiros ou a revista de poesía Alba.

Posteriormente trasladouse a exercer a profesión a Vigo e en 1966 emigrou a Venezuela até o ano 1973, que se instalou en Madrid, visitando Galiza nos veráns.

Obras destacadas

  • O soño sulagado (1955, Colección Alba).
  • Longa noite de pedra (1962, Editorial Galaxia).
  • Viaxe ao país dos ananos (1968, Editorial Ciencia Nueva).
  • Onde o mundo se chama Celanova (1975, Editora Nacional), premio da Crítica de poesía galega.