Todas as autorías > Casto Sampedro
Casto Sampedro
Biografía
Casto Sampedro Folgar (1848-1937), foi un folclorista e investigador da arqueoloxía.
Comezou a carreira eclesiástica no Seminario de Tui e logo no de Ourense. Á saída do Seminario, fórmase en dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en 1872 matricúlase como avogado en Redondela. Tras opoñerse ás actitudes do xuíz de 1ª instancia, envíano a Pontevedra, onde abre o seu propio bufete. Aquí fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894.
No seu despacho na Praza da Ferraría había unha tertulia variada, onde eran tratados temas de arqueoloxía, tradicións rexionais, institucións xurídicas galegas, música popular… En diferentes etapas asistiron persoeiros como Pimentel, Perfecto Feijoo, Sánchez Cantón ou o marqués de Riestra.
Obras destacadas
- Cancionero musical de Galicia. Colección de la Sociedad Arqueológica de Pontevedra reunida por Don Casto Sampedro y Folgar. Reconstitución, introducción y notas bibliográficas por José Filgueira Valverde (1942).