Todas as obras > Caso pechado (Historias para coñecermos Pontevedra: As Corvaceiras)

Caso pechado (Historias para coñecermos Pontevedra: As Corvaceiras)

Rafa Cabeleira
Editado por: Editorial Elvira
Ano de publicación: 2022

Sinopse

A obra desenvólvese nas barriadas suburbanas da capital, onde a pobreza se agocha nas rúas sen asfaltar e nas casas insalubres. Alí atópase o corpo sen vida do párroco de San Roque, un caso a resolver que crea un triángulo no que conflúen o máis alto da burguesía, o clero e o estamento máis baixo da sociedade.

Cita

“Chegara a Pontevedra un ano antes procedente de Córdoba e os seus bronquios encargábanse de recordarlle, cada mañá, os erros cometidos no seu anterior destino, en especial, a importancia de manter a boca pechada en presencia de descoñecidos.”