Todas as obras > Carmen patrium sive Pontevedra

Carmen patrium sive Pontevedra

Hermexildo Amoedo Carballo
Ano de publicación: 1787

Sinopse

Esta obra, adicada ao arcebispo pontevedrés Sebastián Malvar Pinto, é un romance escrito en latín con 429 versos hendecasílabos. Nela, o autor narra a morriña pola súa cidade natal, Pontevedra, que deixara no ano 1762 e fai unha descrición bastante detallada da Boa Vila no seu tempo. Foi traducida ao galego por Xoán Manuel Pintos e incluída na súa obra A gaita gallega (1853).

Cita

“Agora vou ver, si Dios premite,
aquela casa en vaco e gran silencio.
Mais ¿a que recordar, triste de min,
dos que conmigo gemen no desterro
sin dor opresos por un duro fado,
a que lembrar aqueles menumentos?
¡Logrouse ja fechar, oh ilustre Ignacio,
aquelas portas dos teus grandes tempros!
¿Así calados quedarés, ¡oh Koska
Lodoix, Xaveri e Borgia!, sin remedio?
¡Premita Dios que o corazón do mundo
desperte e sinta de piedade cheo,
gran compasión dos que gemendo arrancan
ja en rouco son os aies do seu peito!”