Todas as obras > Cantigas para catro mortes
Cantigas para catro mortes
Sinopse
Poemario escrito a mediados da década dos noventa, editado nas catro linguas do Estado, que recolle cantigas de vida e morte ás que podemos poñer música de fondo. Dedicado a catro mártires da República: Alexandre Bóveda (1903-1936), Lluis Companys (1882-1940), “Gernika, a árbore dunha nación”, e Federico García Lorca (1898-1936).
Cita
“Alexandre Bóveda
Os ollos un espello
Pontevedra a se fitar neles namorada
en salaios de aceno derradeiro (derradoiro)
fai o pranto da patria
alí na outura de alba na Caeira
Alexandre está ergueito
diante da cruz dun pino pondaliano
non é o cadro
para se dependurar nalgún museo
con discurso oficial e himno galego
calquera intre
é soamente sinxela sementeira
logo será
o balbordo ledo e terríbel
de milleiros e milleiros e milleiros
de vivas fouces
para unha triunfal e farturenta
cantiga de seitura”