Cándido Viñas Calvo. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Cándido Viñas Calvo

Cándido Viñas Calvo

Biografía

Cándido Viñas Calvo (1902-1978) foi mestre e escritor natural de Pontevedra. Cultivou principalmente a poesía e a maior parte da súa obra xira en torno a Pontevedra e a súa bisbarra.

En 1934 recitou os seus primeiros poemas en Radio Pontevedra e os seus versos tiveron tan boa acollida que a emisora organizou unha subscrición popular para editar o seu primeiro libro, Horas Huídas. Aínda que principalmente publicou poesía, desde 1950 dedicouse a escritos humorísticos e en 1972 publicou o poemario Xoias e coitas da terra orballada, a súa primeira obra en galego.

Tamén colaborou nas revistas Finisterre, Sonata Gallega e Litoral e foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.

Obras destacadas

  • Caminando al sol de Galicia (1946-1947, Gráficas Torres), premio polo Centro Galego de Bos Aires.
  • Río Lérez (1950, Imprenta Celestino Peón).
  • Anacos (Humorismo gallego) (1950, Imprenta Celestino Peón).
  • Gracia e ingenio de Pontevedra (1954).
  • Hombres y cosas de ayer y de hoy (1967).
  • Presencia y gozo del humorismo gallego (1968, Gráficas Faro de Vigo).
  • En Galicia, una vez (1969, Gráficas Faro de Vigo).
  • Xoias e coitas da terra orballada (1972, Artes Gráficas Galicia).