Todas as obras > Camposanto
Camposanto
Sinopse
O paso da infancia á adolescencia centra esta obra, protagonizada por Sofía e Lea, dúas amigas que se coñecen desde que eran ben cativas. Transitan pola felicidade, a angustia, os primeiros amores, a morte, os segredos, o egoísmo e as mentiras, onde a amizade será o fío condutor.
Cita
“Torceu á esquerda para baixar as escaleiras cara a Campolonxe: ante ela apareceu xa o edificio de Sofía, ao fondo as pistas da escola na que as dúas estudiaran, a praza da Constitución e a igrexa de San Xosé. Volveu aos seus pensamentos en Liar: Alberto coa súa moto nova (a segunda, a primeira escachouna a principios de verán contra o muro da tenda do señor Luís), os baños xeados no río, a verbena pola festa do cocido… As vacacións de sempre, sen Sofía, que non eran o mesmo, pero tamén podían valer; as vacacións que xa botaba de menos e iso que chegara onte da vila.”