Carlos Solla Varela (Calros Solla). Orixe da fotografía: Arquivo AELG. Autoría: Aliferro.

Todas as autorías > Calros Solla

Calros Solla

Biografía

Carlos Solla Varela (1971), máis coñecido como Calros Solla, é escritor, profesor e etnógrafo nado en Pontevedra. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi membro da Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido da Terra de Montes e do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. É membro fundador do Instituto Galego de Estudos Célticos (IGEC) e do colectivo Capitán Gosende.

Parte da súa obra poética está publicada en revistas como Verbo Xido, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna ou Arraianos. Colaborou en diversas publicacións relacionadas con Pontevedra, e publicou diversos ensaios sobre o río Gafos.

Obras destacadas

  • O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970) – (2014, Morgante).
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Editorial Galaxia).
  • Crónica da Galiza bizarra (2021, Morgante).

Obras en Pontevedra (d)escrita