Aurora Vidal Martínez. Orixe da fotografía: Consello da Cultura Galega.

Todas as autorías > Aurora Vidal Martínez

Aurora Vidal Martínez

Biografía

Aurora Vidal Martínez (1910-2005) foi mestra e escritora, irmá do tamén poeta Xoán Vidal Martínez. Compaxinou a actividade como rexente dun comercio en Pontevedra e o seu labor literario. Tamén cursou estudos de Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra.

As súas primeiras composicións en verso foron publicadas en Vida Gallega e Sonata Gallega. No teatro, traballou como escenógrafa e coreógrafa, para alén de promover o grupo Teatro Experimental da Arte en 1949, do que tamén foi directora.

En 1952 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega a proposta de Leandro Carré Alvarellos, Antonio Couceiro Freijomil e Francisco Vales Villamarín.

Obras destacadas

  • Camino de Belén (1946), con ilustracións de Manuel Torres.
  • Sonetos líricos (1948).
  • Cartas de Amor (1950).
  • Mensaxe de Outono (1951).
  • Poemas de nenos e paxariños (1958, Alborada Ediciones).
  • Contos de rapaces (1991).
  • Xa naceu Xesús (1993).