Todas as obras > Asasinato de Mael de Serpentiones (Historias para coñecermos Pontevedra: Mourente)
Asasinato de Mael de Serpentiones (Historias para coñecermos Pontevedra: Mourente)
Sinopse
A chegada de Marco Tulio ao castro de Serpentiones vai acompañada dun tráxico suceso. O corpo sen vida do xefe da tribo racha coa sinxela vida castrexa, e as sospeitas non tardan en xurdir. Quen é o asasino? Cales foron os motivos de tanta crueldade?
Cita
“Marco Tulio camiñaba paseniño coma sempre. Tiña unha fame asasina e unha pouca sede. Por sorte, auga non faltaba. Sempre había unha fonte, un regato ou un río, ainda que levaba un bo andar sen atopar ningunha desas cousas. O novo Reino da Gallaccia sueva era famoso por moitas cousas, entre elas a abundancia non só de auga, senón de recursos de todo xeito. No mar, peixe, crustáceos e bívalvos; na terra, leite, carne de cervo, de porco, de cabuxa, de ovella, de tenreira. Nos montes, ferro, estaño, ouro. Unha terra na que non faltaba nada, pero na que Marco Tulio morría de fame.”