Todas as obras > As vidas do río
As vidas do río
Sinopse
Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan cunha realidade sorprendente de Semana Santa.
Cita
“- Álvaro, respira, e resume – ordenou o comisario xa no medio do viaduto.
– Rúa Santiña, número 26. Muller duns trinta anos, nova. Atopárona sobre as sete -telegrafou obedente-. Foi o veciño do segundo esquerda cando saía traballar. Chamou deseguido á Policía Local e despois estes, coma sempre, desviaron o traballo. E aquí estamos. Iso é o que sabemos, polo de agora.
Non fixo falta dicir nada máis. O silencio acompañounos ata a entrada da rúa santiña, onde a panadaría do mesmo nome botaba un recendo que elevaba os narices polo camiño do pracer.”